Posted in 1º English, 2º English, Preschool

DAY 11: 18/05/2020

Hello kids! Comezamos outra semana a Monday! E para esta semana téñovos outro contacontos. Clicades no vídeo para escoitarme ou papá ou mamá pode contárvolo tamén, que vos deixo ahí as imaxes para que fagades como máis vos apeteza. Esta historia chámase: “Brown bear, brown bear: What do you see?” e imos preguntándolles a estes animais que ven, e que vai ver un animal: máis animais! Vamos alá:

ACTIVITY 1: Video (facede clic no enlace ou dádelle a play ao vídeo para escoitar todiña a historia. Como estamos aprendendo os animais en inglés pensei en metervos algún que outro máis. Seguro que xa a coñecedes! A ver cantos animais lembrades ao final da historia!)

ACTIVITY 2: Retelling (por se algún se atreve a lela, ou a volvela a contar déixovos as imaxes do conto, unha a unha para que as vaiades pasando dende aquí ou clicade no enlace para descargala e vela dende a tablet ou outro dispositivo. Hai que comezar a ir lendo en inglés! Que sodes uns profesionais! Escoitádeme primeiro e despois probade vós).

BROWN BEAR, BROWN BEAR – Pictures (clicade aquí para descargar as imaxes da historia)

ACTIVITY 3: Worksheet 1 (fichiña co vocabulario de animais, repasamos puntiños, copiamos debaixo nas liñas e coloreamos os animais como nos manda a historia. Clicade no enlace para descargar a ficha e imprimila se podedes. E se queredes sacarlle unha foto e mandarma por correo, estades máis que invitados: showandtext@gmail.com)

WORKSHEET 1 – Trace, write and colour (fai clic para descargala e imprimila)

ACTIVITY 4: Craft (déixovos outra manualidade para facer con este conto. Tedes que colorear o oso “BEAR” da cor que a vos máis vos apeteza desta volta. Despois dobládelo por esas liñiñas de puntos para que quede un por un lado e outro polo outro e debería aguantarse de pé el soliño. Como recomendación volvo a propoñer unha cartulina branca para que aguante mellor, pero con papel desta vez non debería de haber moito problema. Podedes empregar “CRAYONS” ou “FELT-TIPS” o que máis vos apeteza. A ver que tal vos quedan! Mandádeme fotiños 😉 Clicade no enlace para descargala e imprimila.)

BEAR – Craft (clicamos no enlace para descargar o recortable e imprimilo)

FINISH! E ata aquí chegamos por hoxe. Para o Wednesday seguimos traballando con esta temática. Non vos esquezades de contar o conto en inlgés que é moi faciliño. Ides ter máis recursos para aqueles que queiran practicar máis na sección de “STORYTELLING” do blog, cicadas sobre este libro que se chama “Brown Bear, Brown Bear” e podedes descargarvos fichas, xogos, puzzles, dominós, manualidades todas relacionadas con este libro.

Miss you,

TEACHER SANDRA 😉

Author:

Sandra es la autora del blog "showandtext", o lo que es lo mismo, la innovadora idea del "enseña y cuenta" de toda la vida: "enseña y chatea". Aquí podréis encontrar diversas actividades o juegos, dependiendo del nivel de los alumnos y alumnas, para repasar, practicar o revisar algunos de los contenidos adquiridos en el aula. Los niños y niñas aprenderán a ser autónomos en su búsqueda del conocimiento, al mismo tiempo que se dedica una parte a los y las "teachers" (teachers' corner) donde encontrarán propuestas, recursos y DIY (do it yourself) materiales para aplicar diariamente.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s