Good morning! E aquí nos levantamos hoxe con outro día novo coas suas 24 horas para sacarlles partido ao máximo. Cada día unha cousa nova para facer e unha cousa nova para aprender. Sabíades que os cabalos durmen de pé? Unha cousa máis que aprendín hoxe! A ver que investigades vós para aprender. Bueno de momento vouvos dar caña con inglés. Última clase desta semana, antes do noso gran día os Fridays. Como me gustan os Fridays! Ídevos preparando para fichas online que se ven unha clase entretida e moi faciliña de repaso e para que levemos todos e todas as cousas con calma y despacito.
ACTIVITY 1: Calendar (último día da semana, todo seguido sen pensar case ide contestándovos a vós mesmos e mesmas, ou se tedes a alguén por ahí pode facervos as preguntas do millón: “What day is it today?” “What’s the weather like today?” “What’s your favourite colour?” “How are you?” e se as acertades todas pois eu diría que que menos que un premio para vós por tanto esforzo e traballo).
ACTIVITY 2: Worksheet 1 (se que hai por ahí algúns e algunhas fanáticas de Harry Potter e hoxe vai por todos e todas elas. Oito descripcións e oito persoaxes, na ficha online tedes que arrastrar as descripcións ata o recadro de debaixo da persoa que estea describindo. Se a imprimides copiades a descripción debaixo do personaxe que é. Ánimo!)
WORKSHEET 1 – online (versión para facer no PC, móbil ou tablet)
WORKSHEET 1 – print out (versión para imprimir)
ACTIVITY 3: Worksheet 2 (nesta tedes unhas palabras en grande arriba de todo dos recadros e tedes que escribilas onde correspondan. Fixádevos que algunhas podedes utilizalas máis dunha vez. Non vos esquezades de darlle a “FINISH” e clicar no de “enviar á teacher” e despois poñeder o voso nome e o meu correo: showandtext@gmail.com e así non fai falta xa que mas mandedes ao correo.)
WORKSHEET 2 – online (versión para facer no PC, móbil ou tablet)
WORKSHEET 2 – print out (versión para descargar e imprimir)
ACTIVITY 4: Just Dance (e rematamos esta semana con un pedazo bailoteo e sempre mirando para a letra que aparece na pantalla á esquerda tamén, que así facemos deporte, aprendemos inglés e divertímonos un cacho. Vós dádelle a todo!)
FINISH! Xa sabedes que tedes cousiñas para facer na carpeta de “Art and Crafts” e máis vídeos para menear o pandeiro no apartado de “Videos“. Outra páxina pechada do noso diario e outro día máis que traballástedes moito. A seguir así e damos case case a benvida a outra semana de campeóns e campeonas esforzándose por seguir adiante dende a casa! Xa queda menos!
Lots of love,
TEACHER SANDRA 😉