Good morning everyone! How are you doing? It’s Wednesday and it’s English time of course. Hoxe vamos a deixar de lado a comida para repasar como facemos para describir a unha persoa, que é do que vamos a falar na videochamada do venres, asique nada de agobios e xa vos explico con máis detalle ese día pero ide practicando por aquí se queredes.
ACTIVITY 1: Calendar (hoxe xa podedes dicir a data completa con Día da semana + Día en número + Mes, o tempo que fai, a vosa cor favorita e como estades todo seguido e con pregunta e resposta directamente)
ACTIVITY 2: Posters (póñovos dous posters con mogollón de palabras que algunhas delas xa sabíades seguro e outras que podedes ir aprendendo sobre os adxectivos para describir como ten o pelo unha persoa e outro sobre as partes da cara en inglés. A ver se dou feito que os posters falen pero de momento van ter que ir así. IMPORTANTE: todo o primeiro póster cando falamos del temos que empregar o verbo “HAVE GOT” porque é pelo, e o pelo témolo. Por exemplo “teño o pelo longo e rubio” – “I have got blond and long hair”. Acordádevos tamén de que en inglés os adxectivos van primeiro que o nome non é “pelo negro” en inglés sería “negro pelo”, non son “ollos marróns” en inglés sería “marróns ollos”. AHHH! E tede coidadiño con “Eu teño” – “I have got / I’ve got” e “El/Ela ten” – “He/She has got/ He/She’s got” que teñen que levar S por algún lado que son así de repunantiños.).




ACTIVITY 3: Online Worksheet 1 (vamos alá con esta ficha para facer online que sei que vos gustan moito e en canto lle dades a “FINISH” xa vos di as respostas correctas, así xa o sabedes de inmediato. Neste caso tempo que ler a descripción da rapariga esa que é SISTER de alguén e contestar ás preguntas que nos fan. Fixádevos ben en como fan esas oracións falando dela).
ONLINE WORKSHEET 1 – answer the questions
ACTIVITY 4: Online Worksheet 2 (nesta xa é máis doada, tedes que ler cada texto e escribir o nome da persoa da que fala, chupadísimo. Lede fixándovos moito no que di e como o di para non ter falliño ningún e cando rematedes Dádeslle a “Finish”. Para que me chegue a min o voso resultado Dádeslle a “enviar o resultado á profe” e tedes que poñer o voso nome e ao final o meu email que é showandtext@gmail.com e así xa sei como vos foi. Se non sodes capaces sacádeslle unha foto ao resultado e mandádesma por correo que me vale tamén).
ONLINE WORKSHEET 2 – match the descriptions
FINISH! Seguiremos traballando uns días máis algunha que outra descripción, asique non vos preocupedes se non as entendedes, ou vos parecen difíciles, iremos todos e todas xuntiños aprendendo e practicando máis este tema.
Lots of love,
TEACHER SANDRA 😉