Posted in 3º English, 4º English

DAY 16: 14/05/2020

Good morning! E aquí nos levantamos hoxe con outro día novo coas suas 24 horas para sacarlles partido ao máximo. Cada día unha cousa nova para facer e unha cousa nova para aprender. Sabíades que os cabalos durmen de pé? Unha cousa máis que aprendín hoxe! A ver que investigades vós para aprender. Bueno de momento vouvos dar caña con inglés. Última clase desta semana! Ídevos preparando para fichas online que se ven unha clase entretida e moi faciliña de repaso e para que levemos todos e todas as cousas con calma y despacito.

ACTIVITY 1: Calendar (último día da semana, todo seguido sen pensar case ide contestándovos a vós mesmos e mesmas, ou se tedes a alguén por ahí pode facervos as preguntas do millón: “What day is it today?” “What’s the weather like today?” “What’s your favourite colour?” “How are you?” e se as acertades todas pois eu diría que que menos que un premio para vós por tanto esforzo e traballo).

ACTIVITY 2: Game (na videochamada estivemos xogando a este xogo que ten o seu intríngulis en inglés. Xógase entre dúas persoas ou máis. Unha persoa escolle o personaxe que queira e cando estea lista ten que dicir “READY!” e as outras teñen que facerlle preguntas para adiviñar cal escolleu e só pode responder SI ou NON. Asique non podemos preguntarlle “de que color é o pelo?” porque tería que responder unha cor e non pode. A primeira pregunta que lle facemos é “Is he a boy?” – “É un chico?” oooouuuuu “Is she a girl?” – “É unha chica?”. Temos que escoller unha destas dúas e a outra persoa responderá YES ou NO. E despois preguntaremos polo pelo e polos ollos con preguntas que comezan así: “Has she got…?” – “ten ela…?” oooouuuu “Has he got…?” – “Ten el…?”. Por exemplo se me dixo que YES a que é unha chica a seguinte pregunta que podo facerlle é “Has she got long hair?” – “Ten o pelo longo?” e a ver que me responde. Outra pregunta pode ser “Has she got brown eyes?” – “Ten os ollos marróns?”… e así ata que adiviñe! A ver se sodes capaces de xogar na casa! Dádelle clic aquí abaixo para descargalo se queredes).

GAME – enlace para descargar

ACTIVITY 3: Worksheet (para rematar e sobre todo para aqueles e aquelas fanáticas de Harry Potter tráiovos unha ficha de descripcións. Se a facedes online tedes que arrastrar a descripción ata o cadrado de debaixo da persoa que está describindo. Se imprimides a ficha tedes que copiar a descripción debaixo do personaxe).

WORKSHEET – online (para facer no PC, móbil ou tablet)

WORKSHEET – print out (para descargar e imprimir)

FINISH! Xa sabedes que tedes cousiñas para facer na carpeta de “Art and Crafts” e máis vídeos para menear o pandeiro no apartado de “Videos“. Outra páxina pechada do noso diario e outro día máis que traballástedes moito. A seguir así e damos case case a benvida a outra semana de campeóns e campeonas esforzándose por seguir adiante dende a casa! Xa queda menos!

Lots of love,

TEACHER SANDRA 😉

Author:

Sandra es la autora del blog "showandtext", o lo que es lo mismo, la innovadora idea del "enseña y cuenta" de toda la vida: "enseña y chatea". Aquí podréis encontrar diversas actividades o juegos, dependiendo del nivel de los alumnos y alumnas, para repasar, practicar o revisar algunos de los contenidos adquiridos en el aula. Los niños y niñas aprenderán a ser autónomos en su búsqueda del conocimiento, al mismo tiempo que se dedica una parte a los y las "teachers" (teachers' corner) donde encontrarán propuestas, recursos y DIY (do it yourself) materiales para aplicar diariamente.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s