Hi there! How are you today? ENGLISH TIME! Empezamos a semana a Tuesday como sempre coas nosas clases de inglés, así de importantes somos que nos saltamos totalmente o lunes. Pois vamos ao asunto…esta semana non vai a haber conto vamos a cambiar de planes coma sempre, de entre tanto que hai para facer non nos da para aburrirnos.
ACTIVITY 1: Calendar (inicio de semana, non podíamos empezala con bo pé sen o noso prezado calendario que nos axuda a ver canto tempo levamos xa sen cole e canto vos bota de menos a vosa profe de inglés.)
ACTIVITY 2: Vocabulary (xa case non vos lembrabades destas palabrejas tan complicadas, que algunhas destas asignaturas nin tan sequera as tedes (e menos mal senón teríades que estudar máis e seguro que vos chega coas que tedes, a ver se nos van quedando de tanto repetilas).
ACTIVITY 3: Online Worksheet (co que vos encantan as fichas online non me resistín a poñervos esta, que vai totalmente co que estamos a dar. Tedes que cubrir ese texto que vos pón ahí, estades facendo amigos e amigas internacionais e esta rapariga está presentándose conforme é debido en inglés. Arrastrade as palabras que tedes arriba para o oco no que deberían ir).
ACTIVITY 4: Just Dance (e por último e a estas alturas xa nos vai facendo falta algo de marcha para mover o esqueleto, e que mellor maneira que combinando unha canción en inglés, cun videoxogo, e con bailar! NON HAI NADA MELLOR! E siii….como volo conto…no Just Dance aparécevos a letra da canción escrita, asique a ver quen se atreve agora a mandarme un vídeo bailando mentres canta a canción en inglés! Déixovos esta de exemplo e perdónovos a parte na que cantan en húngaro pero o resto de inglés está chupadísimo, pero se clicades en VIDEOS – Just Danceatoparedes unha colección dalgunhas que fun recopilando por se non vos gusta esta e queredes mandarme o vídeo si ou si).
FINISH! E así comezamos no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro outra clase máis de inglés cunha nova semana por diante con cousiñas para facer!
Lots of love,
TEACHER SANDRA 😉