Good morning people! It’s Wednesday and it’s English time. Hoxe tráiovos unha clase moi virtual. Como estes días xa estivéstedes a traballar moito, hoxe vamos a facer un repaso xeral de toooodo o vocabulario. Como? Pois a través de xogos! Déixovos 5 xogos que podedes facer e escollede vós o que máis vos apeteza.
HERE WE GO AGAIN!
ACTIVITY 1: Calendar (unha vez á semana non pasa nada, ídelle dando que pronto o vamos a facer xuntiños coma quen di)
ACTIVITY 2: Game 1 (xa clicástedes, pois picástedes! Aquí dentro está o vocabulario todo muahaha! Son perversa, agora tedes que rematalo ata o final).
ACTIVITY 3: Game 2 (este si que si, a escribir co ordenador que hai que practicar tamén a mecanografía ou o que é o mesmo, o arte de escribir nas teclas do ordenador).
ACTIVITY 4: Video (por se vos entra a fame póñovos este vídeo aquí. Dádeslle a play e escribide nun folio os ingredientes que leva esta receita. Por certo, vamos a incluír a palabra “HEALTHY” sabedes que significa? Agora vos digo… “SAUDABLE”. E aquí a pregunta do millón e importantísima: Is this recipe healthy? ou o que é o mesmo en galego “É esta receita saudable?” A ver que me contades).
FINISH! Descansamos sen presa pero sen pausa que non podemos estar seguido traballando. O dito, non me deixedes inglés de lado pero atendede primeiro ao que manda Iván e Juan eh?
Love,
TEACHER SANDRA 😉