Posted in 5º English, 6º English, Food

DAY 16: 28/04/2020

Hey there! English time! How are you today? Espero que todos e todas estedes ben e que deixe de chover algunha vez nesta vida, que para unha vez que nos deixan saír ponse a diluviar. Dende logo…non damos feito con esta vida tan ajetreada. ENGLISH TIME! Aquí vos van as actividades para hoxe… Levádeas con calma que pronto teremos novidades. Os de 6º xa están ao tanto pero aos de 5º espero poder contar convosco pronto (fingers crossed).

ACTIVITY 1: Calendar (non é necesario que fagades o calendario todos os días, pero se podedes facédeo unha vez á semana, os Tuesdays por exemplo para non o deixar abandoado)

ACTIVITY 2: Vocabulary (continuamos a babear co vocabulario de comidas, espero que esta semana xa estean todas sabidísimas e requetesabidísimas, así que non me defraudedes eh? Vós sempre a por todas)

ACTIVITY 3: Worksheet (vense unha ficha algo especial, agora que podedes saír da casa vamos a falar do imprescindible, encher as nosas barrigas. Vouvos levar virtualmente ao súper (ou SUPERMARKET en inglés, como prefirades vós) E tráivos a lista da compra xa preparada con unha oración única: “I AM GOING TO BUY…” (que en galego diríamos “vou a mercar…”) e diso se trata, de mirar que vos fai falta para comer estes días toda a familia e por suposto para beber, e dende logo imaginade que vos poñedes a ello coa repostería e se vos da por facer moitos pasteis. Hai que pensar en todo asique enchede todos os ocos dispoñibles copiando a estructura “I AM GOING TO BUY…” e a continuación a comida que precisedes mercar. Se non está no voso vocabulario non pasa nada temos un fermosísimo dicionario: WORD REFERENCE e con toda a liberdade, buscade o que necesitades. POR CERTO, non vos esquezades de anotar o prezo das cousas que no supermarket non regalan nada a que non? a ver quen gasta máis e quen aforra máis).

WORKSHEET – print out (só vos dou a opción de imprimir porque o de online non me deixa hoxe, debeuse poñer de cuarentena a páxina web, asique sentíndoo moito hoxe toca fotocopiar unha folliña OUUUUU nun folio en branco copiar o mesmo debuxo con todo).

FINISH! Foi curta pero intensa, intentade facer algo do que vos propoño posto que imos traballalas todos xuntos nos días seguintes. Espero contar con que todos fagades algo ou senón que me mandedes correos cos problemas que vos vaian xurdindo; xa sabedes que vivo virtualmente aquí: showandtext@gmail.com

Love,

TEACHER SANDRA 😉

Author:

Sandra es la autora del blog "showandtext", o lo que es lo mismo, la innovadora idea del "enseña y cuenta" de toda la vida: "enseña y chatea". Aquí podréis encontrar diversas actividades o juegos, dependiendo del nivel de los alumnos y alumnas, para repasar, practicar o revisar algunos de los contenidos adquiridos en el aula. Los niños y niñas aprenderán a ser autónomos en su búsqueda del conocimiento, al mismo tiempo que se dedica una parte a los y las "teachers" (teachers' corner) donde encontrarán propuestas, recursos y DIY (do it yourself) materiales para aplicar diariamente.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s