Good morning or good afternoon! How are you? I am fine, thank you. ENGLISH TIME! Vamos a ver que se cuece hoxe na clase de inglés. É o último día que vamos a practicar SPORTS, a unidade 4, vamos a cambiar de tema que xa debedes estar aburridos deste e vámolo facer por todo lo alto: día de xogos (e unha ficha por si las moscas XD)
READY? 3…2…1….timer 50 minutes….GOOOOOOO!
ACTIVITY 1: Calendar (seguimos co estreno estelar do calendario, que espero que vos gustase máis que o anterior e non se vos faga moi pesado; e se se vos fai moi pesado intentade aguantar un pouquiño que dentro de pouco de tanto repetilo ides dar as noticias vós en vez dos da tele).
ACTIVITY 2: Game 1 (clicade no enlace e a practicar o vocabulario, este é super faciliño, ademais seguro que xa tedes práctica con el, que estades feitos uns gamers).
ACTIVITY 3: Worksheet (aquí abaixo tedes os dous links para a mesma ficha, xa sabedes, un para facer dende o ordenador e outro para imprimir, escollede un dos dous segundo vos veña mellor, e se non dades entrado dicídemo porfis que o intento arranxar).
WORKSHEET 1 – online (este enlace para facer no ordenador)
WORKSHEET 1 – print out (clicar neste enlace para descargar e imprimir)
ACTIVITY 4: Game 2 (dádelle clic á palabreja e vamos a ver que tal foron os puzzles de onte, porque hoxe teñen que estar xa repasadísimos, e por encima estes son os máis fáciles).
ACTIVITY 5: Game 3 (facendo clic teredes outro xogo de facer puzzles, pero ollo, este é o nivel 2, algo máis dificilillo…a ver que puntuación sacades! Escribídemas nos comentarios abaixo).
ACTIVITY 6: Game 4 (por se non é suficiente cos deportes que demos no cole, ampliamos vocabulario con esta sopa de letras e así aprendemos algo novo; esta páxina é distinta, cando a abra tedes que darlle para abaixo ata atopar o xogo onde haxa un pulpo, ciliade no botón verde de PLAY e a darlle caña).
FINISH! Hoxe foron moitas cousas, se non o queredes ou non podedes facelo todo non pasa nada, ata o martes da semana que vén non volvemos ter inglés, podedes ir dosificando todo o material que tedes da UNIT 4. Por certo, xa que imos cambiar de temática, déixovos o enlace AQUÍ para que repasedes cantas veces queirades a unidade anterior. Sigo a traballar no blog para metervos cousiñas e prométovos que algún día ides ter de todo nel.
Miss you,
TEACHER SANDRA 😉