Posted in Sin categoría

INFORMATION

Bos días a todos e todas, rapaces e rapazas e todas as familias do noso cole.

Son Sandra, a profe de inglés do CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro. Dada esta situación tan complicadilla, quixera botarvos unha man con este blog. Os nenos e nenas xa están acostumbrados a velo nas clases de inglés. Esta vez toca sacarlle máis partido.

Posto que non podo acompañarvos nestes días para estar ao voso lado, espero que vos chegue con terme na distancia. Estou facendo todo o posible para que o blog sexa doado e intuitivo para que empreguedes todos e cada un de vós. Ao ter que atender aos seis cursos, faise un pouco caótico pero intentarei solucionalo o mellor que poida. Explícovos:

Na páxina principal tedes esta mochiliña (que é esta información), un Pokemon para inglés (English) e un Pokemon para plástica (Arts & Crafts). Clicades na área que vos toque traballar, ou que queirades traballar e elixides o voso curso (tamén vos deixo liberdade para cotillear o dos demais 😉 ). Dentro de cada curso iredes atopando diversas carpetas coas unidades que traballamos; e tamén atoparedes un Pokemon especial que pón “Emergency Plan” (plan de emerxencia).

ESTE POKEMON É O IMPORTANTE! Nel atoparedes un diario con todos os días que teríades clase de inglés cunha rutina para facer. Os que poidan e queiran déixolles esa opción, que para min é a mellor. Loxicamente comprendo que cada familia é un mundo e non todos traballamos igual, así que o uso deste blog polos nenos e nenas para min é máis que suficiente para que sigan aprendendo inglés.

Aquí atoparedes vídeos, cancións e bailes. É moi importante que escoitedes e vexades todo canto poidades en inglés. Sei que ao principio pode parecer que non entendedes nada, pero co tempo veredes do que sodes capaces!

TAMÉN IMPORTANTE! Déixovos ao voso servizo o meu correo electrónico para calquera dúbida, consulta ou incluso para mandarme un debuxo: showandtext@gmail.com

Non teñades medo de comentar nas entradas do blog, pide o correo pero teno privatizado. E se queredes mandarme fichas para que vos corrixa ou vos axude con elas só tedes que sacarlle unha foto e enviarma ao correo.

Por certo, sigo a traballar no blog así que probablemente sufra cambios moi a miúdo. Pido perdón de antemán por non ter todo listo, pero intentarei rematalo o antes posible.

Bótovos moitísimo de menos a todos e todas! Espero que estedes ben! E estou segura de que nos veremos pronto! Moitísimo ánimo! #stayhome

TEACHER SANDRA

Author:

Sandra es la autora del blog "showandtext", o lo que es lo mismo, la innovadora idea del "enseña y cuenta" de toda la vida: "enseña y chatea". Aquí podréis encontrar diversas actividades o juegos, dependiendo del nivel de los alumnos y alumnas, para repasar, practicar o revisar algunos de los contenidos adquiridos en el aula. Los niños y niñas aprenderán a ser autónomos en su búsqueda del conocimiento, al mismo tiempo que se dedica una parte a los y las "teachers" (teachers' corner) donde encontrarán propuestas, recursos y DIY (do it yourself) materiales para aplicar diariamente.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s