Posted in 2º English, English, House

DIARY: 30/03/2020

GOOD MORNING!

How are you?

Andrea, Adrián, Hugo, Ainara, Dani, Ainhoa, Manu, Alexia, Breo, Neri e Joaquín que vos parece se hoxe comenzamos coa rutina de inglés. Xa sabedes como faciamos, acórdavos? Empezabamos a clase escollendo un encargado (“calendar helper”) e íbamos diciendo as palabras. Facede clic neste enlace e abrirase o noso calendario de clase. Que vos parece se o decides en voz alta? A ver cantas sabedes!

CALENDAR

Despois do calendario facede clic aquí para intentar recordar os membros da familia en inglés. Xa os sabíades moi ben! Asique vamos a repasalos unha vez máis a ver se vos acordan.

VOCABULARY

Por último para hoxe, que vos parece se lle botamos unhas partidas a algúns xogos para seguir practicando o inglés? Facede clic aquí e teredes unha colección deles. Algúns son algo dificilillos pero seguro que podedes con eles. 

GAMES

Hope you are doing great! (Espero que estedes todos ben!)

A very big kiss! (Un biquiño enorme!)

SANDRA

Posted in 2º English, English

EMERGENCY PLAN: Diary

Estas mochiliñas van a ser o noso diario. Hoxe teríades clase de inglés. Facede clic no día que queirades, recoméndovos que vaiades por orde. E xa sabedes, calquera dúbida ou cousiña que vos ocorra a vosa teacher está aquí para axudarvos. Mandádelle un correo sen falta: showandtext@gmail.com

Posted in 2º English, English, House

GAMES: Parts Of The House

Posted in 2º English, English

2nd GRADERS – ENGLISH

Hello! How are you?

Alexia, Manu, Dani, Hugo, Neri, Andrea, Joaquín, Ainhoa, Adri, Ainara e Breo: aquí atoparedes todo o que necesitades para seguir practicando inglés.

EMERGENCY PLAN: dentro deste Pokemon atoparedes as clases de inglés como un diario xa feitas e organizadas por min. Unha para cada día.

Se queredes practicar outras unidades libremente, aquí abaixo tédelas todas. Facede clic sobre a que vos gustaría traballar e dentro atoparedes mogollón de xogos e recursos.

UNIT 1: Places
UNIT 2: Illnesses
UNIT 3: Games
UNIT 6: Clothes

Posted in Sin categoría

INFORMATION

Bos días a todos e todas, rapaces e rapazas e todas as familias do noso cole.

Son Sandra, a profe de inglés do CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro. Dada esta situación tan complicadilla, quixera botarvos unha man con este blog. Os nenos e nenas xa están acostumbrados a velo nas clases de inglés. Esta vez toca sacarlle máis partido.

Posto que non podo acompañarvos nestes días para estar ao voso lado, espero que vos chegue con terme na distancia. Estou facendo todo o posible para que o blog sexa doado e intuitivo para que empreguedes todos e cada un de vós. Ao ter que atender aos seis cursos, faise un pouco caótico pero intentarei solucionalo o mellor que poida. Explícovos:

Na páxina principal tedes esta mochiliña (que é esta información), un Pokemon para inglés (English) e un Pokemon para plástica (Arts & Crafts). Clicades na área que vos toque traballar, ou que queirades traballar e elixides o voso curso (tamén vos deixo liberdade para cotillear o dos demais 😉 ). Dentro de cada curso iredes atopando diversas carpetas coas unidades que traballamos; e tamén atoparedes un Pokemon especial que pón “Emergency Plan” (plan de emerxencia).

ESTE POKEMON É O IMPORTANTE! Nel atoparedes un diario con todos os días que teríades clase de inglés cunha rutina para facer. Os que poidan e queiran déixolles esa opción, que para min é a mellor. Loxicamente comprendo que cada familia é un mundo e non todos traballamos igual, así que o uso deste blog polos nenos e nenas para min é máis que suficiente para que sigan aprendendo inglés.

Aquí atoparedes vídeos, cancións e bailes. É moi importante que escoitedes e vexades todo canto poidades en inglés. Sei que ao principio pode parecer que non entendedes nada, pero co tempo veredes do que sodes capaces!

TAMÉN IMPORTANTE! Déixovos ao voso servizo o meu correo electrónico para calquera dúbida, consulta ou incluso para mandarme un debuxo: showandtext@gmail.com

Non teñades medo de comentar nas entradas do blog, pide o correo pero teno privatizado. E se queredes mandarme fichas para que vos corrixa ou vos axude con elas só tedes que sacarlle unha foto e enviarma ao correo.

Por certo, sigo a traballar no blog así que probablemente sufra cambios moi a miúdo. Pido perdón de antemán por non ter todo listo, pero intentarei rematalo o antes posible.

Bótovos moitísimo de menos a todos e todas! Espero que estedes ben! E estou segura de que nos veremos pronto! Moitísimo ánimo! #stayhome

TEACHER SANDRA

Posted in 1º English

EMERGENCY PLAN: Diary

Estas mochiliñas van a ser o noso diario. Hoxe teríades clase de inglés. Facede clic no día que queirades, recoméndovos que vaiades por orde. E xa sabedes, calquera dúbida ou cousiña que vos ocorra a vosa teacher está aquí para axudarvos. Mandádelle un correo sen falta: showandtext@gmail.com

Posted in 1º English, English

DIARY: 30/03/2020

GOOD MORNING!

How are you?

Xoel, Lía, Celia e Xandre que vos parece se hoye comenzamos coa rutina de inglés. Xa sabedes como faciamos, acórdavos? Empezabamos a clase escollendo un encargado (“calendar helper”) e íbamos diciendo as palabras. Facede clic neste enlace e abrirase o noso calendario de clase. Que vos parece se o decides en voz alta? A ver cantas sabedes!

CALENDAR

Despois do calendario facede clic aquí para intentar recordar os membros da familia en inglés. Xa os sabíades moi ben! Asique vamos a repasalos unha vez máis a ver se vos acordan.

VOCABULARY

Por último para hoxe, que vos parece se lle botamos unhas partidas a algúns xogos para seguir practicando o inglés? Facede clic aquí e teredes unha colección deles. Algúns son algo dificilillos pero seguro que podedes con eles.

GAMES

Hope you are doing great! (Espero que estedes todos ben!)

A very big kiss! (Un biquiño enorme!)

SANDRA